Lope de Vega

Lope de Vega por [[Francisco Pacheco Félix Lope de Vega Carpio, nado en Madrid o 25 de novembro de 1562 e finado o 27 de agosto de 1635, foi un escritor español, considerado un dos máis importantes poetas e dramaturgos do Século de Ouro. Pola extensión da súa obra pódeselle considerar coma un dos autores máis prolíficos da literatura universal.

O chamado ''Fénix dos enxeños'', ''Poeta do ceo e da terra'' e ''Monstro da Natureza'' (por Miguel de Cervantes) renovou as fórmulas do teatro español nun momento no que o teatro comezaba a ser un fenómeno cultural de masas. Máximo expoñente, xunto a Tirso de Molina e Calderón de la Barca, do teatro barroco español, as súas obras seguen representándose na actualidade e constitúen unha das máis altas cotas alcanzadas na literatura e as artes españolas. Foi tamén un dos grandes líricos da lingua castelá e autor de varias novelas e obras narrativas longas en prosa e en verso.

Atribúenselle uns 3000 sonetos, tres novelas, catro novelas curtas, nove epopeas, tres poemas didácticos, e varios centenares de comedias (1800 segundo Juan Pérez de Montalbán). Amigo de Francisco de Quevedo e de Juan Ruiz de Alarcón, posto a mal con Luis de Góngora e en longa rivalidade con Cervantes, a súa vida foi tan extrema como a súa obra. Foi pai da tamén dramaturga sor Marcela de San Félix. Provided by Wikipedia
Showing 1 - 3 results of 3 for search 'Vega, Lope de', tempo de consulta: 0.01s Limitar resultados
  1. 1
    Libro
  2. 2
    Libro
  3. 3
    por Vega, Lope de 1562-1635
    Publicado 1965
    Conxunto