Lev Tolstoi

Nado no seo dunha familia aristocrática, Tolstói alcanzou a fama aos vinte anos coa súa triloxía semiautobiográfica, ''A infancia'' (en ruso: Детство) (romanizado: Détstvo), ''Adolescencia'' (en ruso: Отрочество, romanizado: Otrochestvo) e ''Xuventude'' (en ruso: Юность) (romanizado: Yunost) (1852–1856), e con ''Relatos de Sebastopol'' (título orixinal en ruso, Севастопольские рассказы, romanizado: Sevastopolskiye rasskazy) (1855), baseada nas súas experiencias na guerra de Crimea. A súa ''Voina i mir'' (en ruso: Война и мир) (''Guerra e paz'') (1869), ''Anna Karenina'' (1878), e ''Resurrección'' (en ruso: Воскресение, romanizado:Voskresenie) (1899), que se basea nos seus pecados de mocidade, a miúdo cítanse como cumes da ficción realista e tres das mellores novelas xamais escritas. A súa obra inclúe relatos breves como "Alyosha Gorshok" (ruso: Алёша Горшок, romanizado: Alyosha Gorshok) (1911) e "Despois do baile" ( ruso: После бала?, romanizado: Posle bala) (1911) e novelas como ''Felicidade familiar'' (1859), ''A morte de Iván Ilich'' (ruso: Смерть Ивана Ильича, Smert Ivana Ilichá) (1886), ''A sonata a Kreutzer'' (ruso: Крейцерова сонаtа, romanizado: réitzerova Sonata) (1889), ''O Demo'' (ruso: Дьявол, romanizado: Djahol) (1911), e ''Hadji Murat'' ( ruso: Хаджи-Мурат, romanizado: Jadzhí-Murat) (1912). Tamén escribiu obras de teatro e ensaios sobre temas filosóficos, morais e relixiosos.
Como filósofo moral destaca pola súa idea de resistencia non violenta expresada no seu traballo ''Tsárstvo Bózhiye vnutrí vas (no ruso pre-reformista'': ''Царство Божіе внутри васъ''; no ruso post-reforma: ''Царство Божие внутри вас''; en galego, ''O reino de Deus está dentro de ti'') ''mesmo'' que influíu en Mohandas K. Gandhi, Martin Luther King e James Bevel.
Tolstoi tamén se converteu nun firme defensor do xeorxismo, a filosofía económica de Henry George, que incorporou na súa obra, particularmente en ''Voskresenie'' (''Resurrección''). Así mesmo, foi un forte defensor da lingua internacional esperanto. Provided by Wikipedia