Teofrasto

Marchou a Atenas a aínda mozo, e inicialmente estudou na Escola de Platón. Despois da morte deste relacionouse con Aristóteles. O seu nome real era Tirtamo, pero coñécese polo alcume ''Teofrasto'', que lle puxo Aristóteles —segundo se di— para indicar a sinxeleza e beleza das súas disertacións.
Aristóteles legou a Teofrasto os seus escritos, e designouno como seu sucesor no Liceo, do que foi director desde o -322 ao 288 a. C. Considérase a Teofrasto como o fundador da botánica en tanto que estudou as plantas en si mesmas, e non polas súas utilidades. E foi reputado como naturalista, ou aínda como alquimista. Segundo o químico alemán Lippmann, o médico e matemático grego do século V a. C. Hipócrates e Teofrasto foron os primeiros en describir a técnica do baño maría.
Teofrasto presidiu a escola peripatética durante 36 anos, nos que a escola floreceu grandemente. Tras a súa morte, os atenienses honrárono cun funeral público. Provided by Wikipedia