José Saramago

Saramago José de Sousa Saramago, nado en Azinhaga, Golegã, o 16 de novembro de 1922 e finado en Tías, Lanzarote, o 18 de xuño de 2010, foi un escritor portugués, gañador en 1998 do Premio Nobel de Literatura e en 1995 do Premio Camões.

Saramago considerouse responsable do recoñecemento internacional efectivo da prosa en portugués. Coñecido polo seu ateísmo e iberismo, foi membro do Partido Comunista Portugués e foi subdirector do ''Diário de Notícias''. Xunto con Luiz Francisco Rebello, Armindo Magalhães, Manuel da Fonseca e Urbano Tavares Rodrigues foi, en 1992, un dos fundadores da Fronte Nacional para a Defensa da Cultura (FNDC). Casado, en segundas nupcias, coa española Pilar del Río, Saramago viviu na illa española de Lanzarote, nas Illas Canarias. O 29 de xuño de 2007 constituíu a Fundación José Saramago para a defensa e difusión da Declaración Universal dos Dereitos Humanos e problemas ambientais. En 2012, a Fundación José Saramago abriu as súas portas ao público na Casa dos Bicos de Lisboa, presidida pola súa muller Pilar del Río . Provided by Wikipedia
Showing 1 - 1 results of 1 for search 'Saramago, José, 1922-2010', tempo de consulta: 0.01s Limitar resultados
  1. 1
    por Saramago, José, 1922-2010
    Publicado 2004
    Libro