Elena Poniatowska

Hélène Elizabeth Louise Amélie Paula Dores Poniatowska Amor, nada en París o 19 de maio de 1932, coñecida profesionalmente como Elena Poniatowska, é unha escritora, xornalista e activista mexicana nada en Francia.

A súa obra literaria ten unha marcada orientación social e política na cal destacan as súas crónicas baixo a fórmula, que se veu a denominar, de polifonía testemuñal. O seu traballo máis recoñecido é ''A noite de Tlatelolco'', unha colección de recontos sobre o masacre na Praza de Tlatelolco durante o 2 de outubro de 1968. Recibiu multitude de recoñecementos e premios internacionais e nacionais, entre os que destaca o Premio Cervantes no ano 2013.

A Asociación de Escritores en Lingua Galega decidiu outorgarlle o galardón de “Escritora Galega Universal” en 2009 e foille entregado polo presidente da asociación, Cesáreo Sánchez Iglesias, na Feira do Libro de Guadalaxara (México). Provided by Wikipedia
Showing 1 - 2 results of 2 for search 'Poniatowska, Elena', tempo de consulta: 0.01s Limitar resultados
  1. 1
    por Poniatowska, Elena
    Publicado 2007
    Conxunto
  2. 2
    Libro