Cristina Peri Rossi

O Instituto de Profesores Artigas, onde Peri Rossi realizou os seus estudos na docencia. Cristina Peri Rossi, nada en Montevideo, Uruguai, o 12 de novembro de 1941, é unha escritora, tradutora e activista política uruguaia. Exiliada en España desde 1972, reside en Barcelona, onde desenvolveu a maior parte da súa carreira literaria.

Segundo o crítico Seymour Menton, foi unha das contistas contemporáneas máis destacadas do Uruguai a partir da década de 1950. Os editores da revista ''Confluencia'' din que «é considerada unha das escritoras máis importantes de fala castelá, traducida a máis de vinte linguas, incluídas o yiddish e coreano». Foi censurada durante a ditadura militar que gobernou Uruguai de 1973 a 1985. A súa obra foi prohibida no país, así como a mención do seu nome nos medios de comunicación. Malia o seu exilio no Estado Español, baixo o réxime de Franco, e tamén despois en París, a autora seguiu publicando obras de alto contido político e non deixou de involucrarse en labores de activismo fóra do Uruguai.

Peri Rossi foi unha autora pioneira e é a única escritora feminina vinculada ao boom latinoamericano, un movemento xeralmente asociado con autores como Gabriel García Márquez, Mario Vargas Llosa e Carlos Fuentes. Traduciu ao español obras de Clarice Lispector e Monique Wittig, e colaborou en medios de comunicación españois como ''Diario 16'', ''El Periódico'' e a Axencia EFE.

En 2021 foi galardoada co Premio Cervantes. Provided by Wikipedia
Showing 1 - 1 results of 1 for search 'Peri Rossi, Cristina 1941-', tempo de consulta: 0.01s Limitar resultados
  1. 1
    por Peri Rossi, Cristina 1941-
    Publicado 2009
    Libro