Friedrich Nietzsche

Friedrich Nietzsche, 1861. Friedrich Wilhelm Nietzsche, nado o 15 de outubro de 1844 en Röcken (Lützen, nos arredores de Leipzig, actual Alemaña) e finado o 25 de agosto de 1900 en Weimar, foi un filósofo, poeta, músico e filólogo alemán, considerado un dos pensadores contemporáneos máis influentes do século XIX.

Realizou unha crítica polo miúdo da cultura, da relixión e da filosofía occidental, mediante a xenealoxía dos conceptos que as integran, baseada na análise das actitudes morais (positivas e negativas) cara a vida. Este traballo afectou profundamente a xeracións posteriores de teólogos, antropólogos, filósofos, sociólogos, psicólogos, politicólogos, historiadores, poetas, novelistas e dramaturgos.

Cavilou sobre as consecuencias do triunfo do secularismo da Ilustración, expresada na súa observación «Deus morreu», dun xeito que determinou a axenda de moitos dos intelectuais con máis sona despois da súa morte.

Se ben hai quen sostén que a característica definitoria de Nietzsche non é tanto a temática que trataba senón o estilo e o bo tino co que o facía, foi un autor que introduciu, como ningún outro, unha cosmovisión que reorganizou o pensamento do século XX, en autores tales como Martin Heidegger, Michel Foucault, Jacques Derrida, Gilles Deleuze, Gianni Vattimo ou Michel Onfray, entre outros.

Nietzsche recibiu un amplo recoñecemento durante a segunda metade do século XX como unha figura significativa na filosofía moderna. A súa influencia foi particularmente destacada nos filósofos existencialistas, críticos, fenomenolóxicos, postestruturalistas e posmodernos, e na socioloxía de Max Weber. É considerado un dos tres «mestres da sospeita» (segundo a coñecida expresión de Paul Ricoeur), xunto con Karl Marx e Sigmund Freud. Provided by Wikipedia
Showing 1 - 20 results of 26 for search 'Nietzsche, Friedrich', tempo de consulta: 0.02s Limitar resultados
  1. 1
    Libro
  2. 2
    por Nietzsche, Friedrich
    Publicado 1982
    Conxunto
  3. 3
    Libro
  4. 4
    Libro
  5. 5
    Libro
  6. 6
    Libro
  7. 7
    Libro
  8. 8
    Libro
  9. 9
    Libro
  10. 10
    Libro
  11. 11
    Libro
  12. 12
    Libro
  13. 13
    Libro
  14. 14
    Libro
  15. 15
    Libro
  16. 16
    Libro
  17. 17
    Libro
  18. 18
    Libro
  19. 19
    Libro
  20. 20
    Libro