Steve Jobs

Steve Jobs (esquerda) con [[Bill Gates Steven Paul Jobs, máis coñecido como Steve Jobs, nado o 24 de febreiro de 1955 e finado o 5 de outubro de 2011, foi un magnate e empresario informático estadounidense. Foi o cofundador, e presidente executivo de Apple Inc. Jobs tamén foi durante un tempo presidente executivo de Pixar Animation Studios; e fíxose membro do consello de directores de The Walt Disney Company en 2006, despois da adquisición de Pixar por parte de Disney. Nos créditos de ''Toy Story'' (1995) aparece como un dos produtores executivos.

A finais dos anos 70, Jobs, co cofundador de Apple Steve Wozniak, e xunto a Mike Markkula e outros, deseñaron, desenvolveron e comercializaron unha das primeiras e exitosas liñas de ordenadores persoais, a serie Apple II. A principios dos 80, Jobs estaba entre os primeiros en ver o potencial comercial da interface gráfica controlada por rato da compañía PARC, que levou á creación do Macintosh.

O 5 de outubro de 2011, Apple anunciou que Jobs falecera á idade de 56 anos debido a un cancro neuroendocrino de páncreas. Provided by Wikipedia
Showing 1 - 1 results of 1 for search 'Jobs, Steve', tempo de consulta: 0.01s Limitar resultados
  1. 1
    Libro