Stephen Jay Gould

Exemplar de ''[[Tyrannosaurus rex Stephen Jay Gould (//), nado en Nova York o 10 de setembro de 1941 e finado na mesma cidade o 20 de maio de 2002, foi un paleontólogo, xeólogo, biólogo evolutivo e historiador da ciencia estadounidense e un dos máis influentes e lidos divulgadores científicos da súa xeración.

Gould pasou a maior parte da súa carreira docente na Universidade Harvard e traballando no Museo Americano de Historia Natural de Nova York. Nos últimos anos da súa vida, impartiu clases de bioloxía e evolución na Universidade de Nova York, próxima á súa residencia no SoHo.

A maior contribución de Gould á ciencia foi a teoría do equilibrio interrompido (ás veces traducido como “puntuado”, do inglés ''punctuated equilibrium'') que desenvolveu con Niles Eldredge en 1972. A teoría propón que a maioría dos procesos evolutivos están compostos por longos períodos de estabilidade, interrompidos por episodios curtos e pouco frecuentes de bifurcación evolutiva. A teoría contrasta co gradualismo filoxenético, que é a idea xeneralizada de que o cambio evolutivo se caracteriza por un patrón homoxéneo e continuo, é dicir, os seres vivos evolucionan sufrindo pequenos cambios constantes e sempre máis ou menos ao mesmo ritmo.

A maior parte da investigación empírica de Gould baseouse nos xéneros de caracois terrestres ''Poecilozonites'' e ''Cerion'' e ademais contribuíu á bioloxía evolutiva do desenvolvemento. Na súa teoría evolutiva opúxose ao seleccionismo estrito, á sociobioloxía aplicada a seres humanos e á psicoloxía evolucionista. Fixo campaña contra o creacionismo e propuxo que a ciencia e a relixión sexan considerados dous ámbitos distintos, ou «maxisterios», cuxas autoridades non se solapan.

Para o público xeral Gould é coñecido sobre todo polos seus máis de 300 ensaios divulgativos publicados na revista ''Natural History'', e outros libros destinados a unha audiencia non especialista. Moitos dos ensaios de Gould para a revista ''Natural History'' foron reimpresos en libros entre os que sobresaen ''Desde Darwin'' e ''O pulgar do panda''. Os seus tratados máis populares inclúen libros como ''A falsa medida do home'', ''A vida marabillosa'' e ''A grandeza da vida''. O seu libro ''Ontoxenia e Filoxenia'' tivo grande sona. Pouco tempo antes da súa morte, Gould publicou un longo tratado recapitulando a súa versión da teoría evolutiva moderna chamado ''A estrutura da teoría da evolución'' (2002). En 2000, a Biblioteca do Congreso dos Estados Unidos nomeouno "Lenda Viva". Provided by Wikipedia
Showing 1 - 2 results of 2 for search 'Jay Gould, Stephen', tempo de consulta: 0.01s Limitar resultados
  1. 1
    Libro
  2. 2
    por Jay Gould, Stephen
    Publicado 2012
    Libro