Stephen Hawking

Stephen Hawking Stephen William Hawking, nado en Oxford o 8 de xaneiro de 1942 e finado en Cambridge o 14 de marzo de 2018, foi un físico teórico, cosmólogo, autor e director de investigación británico. Os seus traballos científicos inclúen unha colaboración con Roger Penrose nos teoremas de singularidade gravitacional no eido da relatividade xeral, e a predición teórica de que os buratos negros emiten radiación, a miúdo chamada radiación de Hawking. Hawking foi o primeiro en expoñer unha teoría da cosmoloxía explicada pola unión da teoría xeral da relatividade e a mecánica cuántica. Foi un enérxico defensor da interpretación dos universos paralelos da mecánica cuántica.

Foi membro de Honra da Real Sociedade das Artes, membro vitalicio da Academia Pontificia das Ciencias, e Medalla Presidencial da Liberdade, a máis alta condecoración civil dos Estados Unidos. Hawking foi profesor lucasiano na Universidade de Cambridge entre 1979 e 2009 e acadou o éxito comercial con obras sobre ciencia popular nas que expuxo as súas propias teorías e a cosmoloxía xeral. O seu libro, ''A Brief History of Time'' apareceu na lista británica dos mellor vendidos de ''Sunday Times'' durante 237 semanas.

Hawking sufriu un rara enfermidade de lenta progresión, a esclerose lateral amiotrófica (ELA), tamén coñecida como doenza de Lou Gehrig, que levou varias décadas paralizándoo progresivamente. Comunicábase empregando un único músculo da súa meixela conectado a un dispositivo xerador de voz. Hawking casou dúas veces e tivo tres fillos. Provided by Wikipedia
Showing 1 - 8 results of 8 for search 'Hawking, Stephen', tempo de consulta: 0.02s Limitar resultados
  1. 1
    Libro
  2. 2
    Libro
  3. 3
    Libro
  4. 4
    Libro
  5. 5
    Libro
  6. 6
    Libro
  7. 7
    Libro
  8. 8
    Libro