Rafael Escalona
Rafael Calixto Escalona Martínez, nado en Patillal o 26 de maio de 1927 e finado en Bogotá o 13 de maio de 2009, coñecido como "O mestre Escalona", foi un compositor colombiano, considerado un dos máis grandes compositores da música vallenata.Escalona foi cofundador do Festival da Lenda Vallenata xunto á xestora cultural Consuelo Araújo Noguera e o político liberal Alfonso López Michelsen. Pola súa amizade con López, Escalona foi nomeado Cónsul de Colombia en Colón, Panamá unha vez López chegou á presidencia de Colombia.
As súas cancións foron gravadas por destacados artistas da música vallenata como Guillermo Buitrago e os seus acompañantes (Angel Fontanilla, Efraín Torres e Carlos "El Mocho" Rubio), Julio Bovea (Bovea y sus Vallenatos), Diomedes Díaz, El Binomio de Oro Rafael Orozco e Israel Romero, Jorge Oñate, Poncho e Emilianito Zuleta, Provided by Wikipedia