Emily Elizabeth Dickinson, nada en Amherst (Massachusetts) o 10 de decembro de 1830 e finada no mesmo lugar o 15 de maio de 1886, foi unha poeta estadounidense, cuxa poesía apaixonada colocou a súa autora no reducido panteón de poetas fundacionais estadounidenses que hoxe comparte con Edgar Allan Poe, Ralph Waldo Emerson e Walt Whitman. Emily Dickinson pasou gran parte da súa vida recluída nunha habitación da casa do seu pai en Amherst e, excepto cinco poemas (tres deles publicados sen a súa sinatura e outro sen que a autora o soubese), a súa inxente obra permaneceu inédita e oculta ata despois da súa morte.
Provided by Wikipedia
Showing 1 - 3 results of 3 for search 'Dickinson, Emily', tempo de consulta: 0.01s
Limitar resultados