Dalai Lama

[[Tenzin Gyatso dereita|miniatura|260px|Tenzin Gyatso, 14° Dalai Lama.

Dalai Lama, é un monxe da escola Gelug ou "Sombreiro Amarelo" do budismo tibetano, a máis nova das escolas do budismo tibetano fundada por Je Tsongkhapa. O décimo cuarto e actual Dalai Lama é Tenzin Gyatso.

O Dalai Lama é considerado sucesor dunha liña de tulkus, é dicir, encarnacións de Avalokiteśvara, o Bodhisattva da Compaixón. O nome é unha combinación da palabara mongol ''dalai'' que significa "océano" e a palabra tibetana བླ་མ་ (''bla-ma) "mestre, mentor". A palabra tibetana "lama" correspóndese coa palabra sánscrita "gurú".

Dende 1642 até a década de 1950 (agás dende 1705 a 1750), o Dalai Lamas ou o seu rexente dirixiu o Goberno Tibetano ou Ganden Phodrang que domina a meseta tibetana dende Lhasa con diversos graos de autonomía. Este goberno foi, polo xeral, suxeito de patronazgo e protección dos reis mongois dos khanatos de Khoshut e Dzungar (1642-1720) e dos emperadores manchús da Dinastía Qing (1720-1912).

Os budistas tibetanos consideran que os Dalai Lama son emanacións do Buddha Avalokiteśvara, aínda que non é un mestre Buddha senón un Bodhisattva, é o patrón do Tíbet e crese que, tras a súa morte, a súa conciencia sutil tarda un intervalo de corenta e nove días, polo menos, para nacer de novo nun neno que xa desde o seu nacemento pode dar sinais do seu carácter especial. Avalokiteśvara é unha deidade importante para o budismo tibetano e é considerado nos ensinos vajrayāna como un buda. En cambio, para os ensinos mahāyāna é visto máis ben como un bodhisattva de elevado nivel.

Tras a morte do Dalai Lama, o Panchen Lama encárgase de recoñecer a súa reencarnación, ou tulku (normalmente un neno) por estes sinais, quen pasará a ser o novo Dalai Lama. Á súa vez, o Dalai Lama debe recoñecer á reencarnación do Panchen Lama tras a morte deste. Provided by Wikipedia
Showing 1 - 4 results of 4 for search 'Dalai Lama', tempo de consulta: 0.01s Limitar resultados
  1. 1
  2. 2
    Libro
  3. 3
    Libro
  4. 4
    por Dalai Lama, S. S. EL
    Publicado 1998
    Libro