Robinson Crusoe
William TaylorEdicións Xerais | data publicación = 17 de abril de 1719
1986 | formato = Tapas duras e brandas | páxinas = 245 (gl) | id = ISBN 84-7507-240-2 | precedido por = | seguido por = }} ''Robinson Crusoe'' é unha novela do escritor Daniel Defoe, publicada por vez primeira o 25 de abril de 1719. A primeira edición acredita ó protagonista da obra, Robinson Crusoe, como o autor, o que levou a moitos lectores a crer que se trataba dunha persoa real e que o libro era unha crónica de acontecementos reais.
Presentado dun xeito epistolar, confesional e didáctico, o libro é como unha autobiografía do personaxe principal (cuxo nome de nacemento é Robinson Kreutznaer), un náufrago que pasa 28 anos nunha illa deserta preto de Trinidad, onde se encontra con caníbales, presos e amotinados antes de ser rescatado. Crese que a historia pode estar baseada na vida de Alexander Selkirk, un náufrago escocés que viviu durante catro anos nunha illa do Pacífico chamada "Más a Tierra", hoxe parte de Chile, que foi renomeada como Illa Robinson Crusoe en 1966.
Malia o seu estilo narrativo sinxelo, ''Robinson Crusoe'' foi ben recibida polo mundo literario e a miúdo é considerada como a obra que marcou o comezo da ficción realista como xénero literario. Tamén é considerada como a primeira novela inglesa. Antes do remate de 1719, o libro xa tiña catro edicións, e converteuse nun dos libros máis publicados da historia, xerando tantas imitacións, non só na literatura senón tamén no cinema, televisión e radio, que o seu nome se utiliza para definir un xénero, a Robinsonada.
Foi traducida ó galego por Gonzalo Navaza e publicada por Edicións Xerais no ano 1986. No ano 2005, foi publicado de novo coa tradución de Pichel dentro da colección Biblioteca Galega de Clásicos Universais. Provided by Wikipedia