Juan Bosch
Juan Emilio Bosch Gaviño, nado en La Vega o 30 de xuño de 1909 e finado en Santo Domingo o 1 de novembro de 2001, foi un contista, ensaísta, novelista, narrador, historiador, educador e político dominicano. Bosch foi elixido presidente da República Dominicana en 1962, cargo que asumiu por un breve período en 1963. O seu efémero goberno foi derrocado case sete meses despois de asumir a presidencia. Porén, a día de hoxe, é lembrado como un político honesto e está considerado como un dos escritores máis preclaros de Latinoamérica, en especial no xénero do conto.Foi un líder da oposición dominicana no exilio contra o réxime de Rafael Leónidas Trujillo durante máis de 26 anos. Ademais, foi o fundador de dous dos principais partidos políticos dominicanos: o Partido Revolucionario Dominicano (PRD) en 1939 e o Partido da Liberación Dominicana (PLD) en 1973. Provided by Wikipedia