Hildegarda de Bingen

Santa Hildegardae a súa comunidade de monxas nunha miniatura do século XIII Hildegarda de Bingen, tamén Hildegard von Bingen, nada por volta de 1098 e finada o 17 de setembro de 1179 no mosteiro de Rupertsberg, preto de Bingen, Alemaña, foi unha freira beneditina e abadesa desde 1136. É coñecida como a primeira representante do misticismo alemán da Idade Media. As súas obras abranguen os ámbitos da relixión, a medicina, a música, a ética e a cosmoloxía. Tamén é coñecida como a sibila do Rin ou a profetisa teutónica. O 7 de outubro de 2012 o papa Bieito XVI outorgoulle o título de doutora da Igrexa xunto a san Xoán de Ávila durante a misa de apertura da XIII Asemblea Xeral Ordinaria do sínodo dos bispos.

Considerada polos especialistas actuais como unha das personalidades máis fascinantes e polifacéticas do Occidente europeo, foi definida como unha das mulleres máis influíntes da Baixa Idade Media, das figuras máis ilustres do monacato feminino e quizais a que mellor exemplificou o ideal beneditino. Dotada dunha cultura extraordinaria, estivo comprometida na reforma da Igrexa, e é considerada unha das escritoras de maior produción do seu tempo. En palabras de Victoria Cirlot:

As súas reliquias consérvanse en Eibingen im Rheingau, no estado de Hessen, Alemaña. Provided by Wikipedia
Showing 1 - 2 results of 2 for search 'Bingen, Hildegarda de', tempo de consulta: 0.01s Limitar resultados
  1. 1
    Libro
  2. 2
    Libro