Edgar Allan Poe, () nado como Edgar Poe o 19 de xaneiro de 1809 en Boston e finado o 7 de outubro de 1849 en Baltimore, foi un novelista, ensaísta, editor e crítico literarioestadounidense, coñecido pola súa poesía e as súas historias curtas, en particular os seus contos de misterio e terror. Está amplamente considerado unha das figuras principais do romanticismoescuro nos Estados Unidos e na literatura estadounidense no seu conxunto, e foi un dos primeiros escritores de historias curtas do seu país. Poe considérase xeralmente o inventor do xénero de ficción de detectives e acredítaselle unha contribución ó xénero emerxente da ciencia ficción. Foi o primeiro escritor estadounidense con certa fama en tentar gañarse a vida só coa escritura, pasando por mor disto diversas dificultades económicas na súa vida e carreira profesional.
Provided by Wikipedia
Showing 1 - 3 results of 3 for search 'Allan Poe, Edgar', tempo de consulta: 0.01s
Limitar resultados