Soledad Acosta de Samper

Soledad Acosta de Samper, nada en Bogotá o 5 de maio de 1833 e finada ibídem o 17 de marzo de 1913, foi unha das escritoras máis prolíficas do século XIX en Colombia. No seu traballo creativo como novelista, narradora, xornalista, historiadora e editora, escribiu 21 novelas, 48 contos, 4 obras de teatro, 43 estudos sociais e literarios e 21 tratados de historia. Fundou e dirixiu cinco xornais e tamén realizou numerosas traducións. Soledad Acosta publicou xunto con algunhas das súas contemporáneas como as poetas Agripina Samper de Ancíza e Silveria Espinosa de Rendón. Porén, Acosta non só cultivou a literatura senón tamén outros eidos propios dos homes da súa época. Dedicou numerosos estudos sociais sobre o tema da muller e o seu papel na sociedade, polo que é considerada unha pioneira do feminismo. Provided by Wikipedia
Showing 1 - 1 results of 1 for search 'Acosta de Samper, Soledad', tempo de consulta: 0.01s Limitar resultados
  1. 1
    Libro